O Instituto Luís Seoane vence na fase galega do Club de Debate
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e94/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/535cad3176-001.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e9c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/535d193685-unnamed.jpg)
© Concello de Pontevedra
O Instituto Luís Seoane logrou gañar a final do Club de Debate galego, que se desenvolveu este sábado 26 en Ferrol ao lograr impoñerse ao IES Saturnino Montojo de Ferrol nun enfrontamento de discursos no que participaron oito centros de distintos puntos de Galicia.
O tema do debate era 'Pódese vivir en galego' e todos os participantes mostraron un elevado nivel dialéctico á hora de defender os seus posicionamentos, tanto a favor coma en contra.
Os estudantes do Luís Seoane conseguen como premio con esta vitoria unha viaxe dunha fin de semana, para un máximo de 20 persoas, a un lugar con contidos culturais que contribúan aos obxectivos deste proxecto que pretende fomentar o bo uso da lingua galega entre os estudantes de ensinanzas medias.
O IES Xunqueira 1 obtivo o terceiro posto nesta final na que participaron sete concellos: Ames, Carballo, ou Carballiño, Santiago de Compostela, Teo, Ferrol e Pontevedra.
O equipo do Luís Seoane e o do IES Xunqueira 1 obtiveran o primeiro e segundo posto na fase inicial celebrada en febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra na que debatían sobre ENCE.