Homenaxe a 27 ex traballadores de Correos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
27 traballadores xubilados en Correos durante 2012 na provincia de Pontevedra celebraron cunha comida-homenaxe os seus anos de traballo e dedicación ao longo da súa traxectoria nas oficinas da empresa.
Ademais dos homenaxeados que acudiron en compañía de antigos compañeiros e familiares, ao acto tamén asistiron responsables
zonais e provinciais da empresa postal. Tras unha primeira reunión no ámbito da Peregrina onde aproveitaron para realizar unha foto de grupo nas escalinatas de San Francisco, a comida-homenaxe posterior desenvolveuse nun restaurante de Poio.