A parroquia de Santa María prepara o Viático
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os fregueses de Santa María la Mayor adornarán esta fin de semana as rúas coas tradicionais alfombras florais, para o paso da procesión do Viático. Nunha comitiva organizada polo Gremio de Mareantes, o párroco levará a comuñón aos enfermos.
Con motivo da realización de alfombras florais na vía pública produciranse restricións de circulación os días 26 e 27 de abril.
O sábado 26 a partir das 15 horas e ata ás 12 horas do domingo 27, a rúa Jofre de Tenorio permanecerá pechada a circulación de vehículos.
O domingo entre ás 10 e ás 11.30 horas produciranse cortes puntuais na circulación polas rúas Alfonso XIII, Paseo de Colón, Monteleón, Campo da Torre e Irmans Nodales.