70 policías de Pontevedra e Marín asisten á marcha en Madrid contra os recortes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Máis de 400 afiliados ao Sindicato Unificado de Policía en Galicia, 70 deles procedentes das Comisarías de Pontevedra, Marín e da Policía Autonómica participan na manifestación que se desenvolve en Madrid convocada polo Sindicato Unificado de policía (S.U.P.) e o Sindicato Independente da Policía Española (S.I.P.E.). A marcha que se iniciaba ás 11 da mañá é unha mostra de rexeitamento que entre os axentes da Policía Nacional provocan os recortes do Goberno e o propio ministro do Interior.
Entre outros manifestantes, participa Ana Nellberg, presidenta de Eurocop, organización europea que agrupa máis de 500.000 policías, ademais do afiliado máis veterano, o Comisario Honorario Severiano Arnáiz, que cumpriu 101 anos o pasado día 6 de novembro.
Os axentes portan camisetas co lema "Policías de España en conflicto" e segundo os organizadores é a manifestación policial máis grande na historia de España na que non faltan gaiteiros, charangas e parodias de entretemento das distintas federacións policiais.