![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/50a69b6dc4e23-dscn0886.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O pioneiro da Naturopatía en España era pontevedrés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pontevedrés José Castro foi a primeira persoa interesada na Naturopatía en España, obtivo o título de Doutor nesta materia pola American School Naturopathy de Nova York en 1922 e cofundou o primeiro Centro de Formación de Naturotrofología en Barcelona no ano 1925.
Esa primeira pedra do pontevedrés é seguida agora por 22.000 colexiados naturópatas en toda España. Por este motivo, o 24 de novembro Pontevedra acollerá o I Congreso galego de Naturopatía que se vai desenvolver no Hotel Galicia Palace, tal e como o anunciaba o vogal de Flosacología de la Organización Colegial Naturopática FENACO, Alfredo Abascal.
Durante esa xornada analizaranse temas relacionados coas algas como alimento do futuro, os trastornos de ansiedade ou a intervención naturopática en problemas articulares con homeopatía.