O lomedro estufado será o protagonista da Festa na Lama
Por Redacción
O 18 de maio, o Concello da Lama acollerá unha nova edición da Festa do Codillo, que se vai desenvolver na Alameda. Nesta ocasión, o protagonismo será para o lomedro estufado que foi o escollido polo xurado encargado de realizar a cata previa.
Os examinadores, entre os que se encontraba o alcalde Jorge Canda e a tenente de alcalde Mari Luz Pontevedra, probaron o lomedro confeitado con cebola e arroz branco, tamén preparado con albariño, verzas e cachelos e estufado con patacas asadas, o prato que obtivo a aprobación definitiva dos comensais.
Nesta cita gastronómica levarase a cabo unha rebaixa de dous euros no prezo das porcións. Desta forma, pasarase dos 10 euros do pasado ano a 8 coa intención de animar á participación nestes tempos de crise. A organización ten previsto servir máis de medio millar de porcións nesta edición.
Na Alameda instalaranse tamén casetas de polbo, empanadas e filloas, ademais dunha zona para exposición de motos antigas a cargo da asociación Motos Vintage. Os Coribantes de Buchabade serán os encargados de poñer a nota musical ao igual que a Charanga Os Encerellados.