Detido en Caldas por agredir a súa parella e os fillos dela durante un ano
Por Natalia Puga
A Garda Civil detivo en Caldas de Reis un home acusado dun delito de violencia de xénero por agredir a súa parella e os seus fillos. Só un deles é tamén fillo del.
A súa compañeira sentimental presentou unha denuncia na que asegurou que sofre ameazas, insultos e agresións dende hai un ano.
Ademais, segundo denuncia a presunta vítima, o detido tamén tería agredido durante este tempo unha filla de 15 meses que teñen en común e outros dous fillos de 8 e 11 anos que ela ten dunha relación anterior.
A muller interpuxo unha denuncia o xoves 15 de novembro ante a Garda Civil. Logo desta, o Instituto Armado procedeu á detención de M.E.P.P. como presunto autor de delito de violencia no ámbito familiar.
O homre foi puxo a disposicón do Xulgado de Garda de Caldas de Reis que, tras tomarlle declaración, decretou a súa posta en liberdade con cargos por violencia de xénero e unha orde de afastamento da súa denunciante.