A Administración da Peregrina, 'tocada' co primeiro premio da Lotaría Nacional
Por Redacción
María del Carmen García, a loteira da administración número 9 de Pontevedra situada na rúa Peregrina mostrábase feliz por vender o número 52265, que obtivo o primeiro premio da Lotaría Nacional. Neste despacho vendéronse dez décimos, premiado cada un con 30.000 euros o décimo.
A loteira manifestaba, na mañá deste venres 4, que aínda descoñecen a quen lle tocou porque ningún dos premiados se achegara pola administración para comunicar que fora agraciado. "Estamos intrigados porque lo bonito es celebrarlo con la clientela, esperamos que pasen aunque no nos traigan ningún regalo", comentaba María del Carmen García, que indicaba que a maioría dos compradores teñen que ser da cidade porque "es en verano cuando se vende a gente de fuera".
"El número es de los bonitos" comentaba a titular, sinalando que á metade da semana xa non quedaban terminacións en cinco, "porque son los que mejor se venden".
A loteira mostrábase contenta pero recoñecía que ela non quedara con ningún décimo. ÿ a primeira vez na que toca un primeiro premio nesta administración, que hai algo máis dun ano concedeu case un millón de euros ao gañador dunha bonoloto e hai tres anos, un quinto premio da Lotaría de Nadal.