Redeaxuda porá en marcha un programa de voluntariado
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar Social Municipal celebrou este martes unha reunión organizativa de Redeaxuda onde se analizou a campaña do Nadal, o estado actual da rede, propostas de novas accións e xestión das entregas.
Por parte da concelleira Carmen Fouces, responsable de Benestar, informouse do programa de voluntariado que se pretende pór en marcha, así como dos proxectos que se impulsan dende os Servizos Sociais e Muller para as persoas máis vulnerables.
Tamén se deu conta do inicio da Campaña do Banco de Libros de Texto, despois da aclaración da Consellería de Educación dos últimos días, onde se comprometeu a manter os manuais actuais.
Relacionadas:
-
Comezan a chegar aportacións á RedeAxuda con motivo da campaña do Nadal
Por Redacción |
-
Case 500 pontevedreses alimentáronse no Nadal grazas o 'moedeiro solidario' da Rede Axuda
Por Redacción |
-
En pantalón curto por unha boa causa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Música en directo 'made in Pontevedra' a cambio de alimentos e xoguetes, apúntaste?
Por Alejandro Espiño |
-
Galaico, Rías do Sur e Supera recadan 800 euros para RedeAxuda
Por Diego Espiño |