CC.OO. e UGT convocan unha concentración contra as políticas de austeridade
Por Redacción
Os pontevedreses volven estar convocados polos sindicatos UGT e CC.OO. para participar nunha concentración que se vai desenvolver este xoves 3 a partir das 20.00 horas na praza da Peregrina contra as políticas de austeridade que se desenvolven dende o Goberno español, dentro dunhas protestas de ámbito europeo.
"A economía non reflota" indicou Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, durante a presentación desta concentración que realizou acompañado polo secretario comarcal de CC.OO., José Luis García Pedrosa. Ambos os dous insistiron en que os salarios diminuíron e "só dan para subsistir".
Por este motivo convocan aos cidadáns a participar contra as políticas baseadas nos recortes e apóstese por outras como as "empregadas en Estados Unidos para saír da crise", segundo apuntou García Pedrosa, que reclama tamén medida para crear emprego: "se non se trata de favorecer os sectores máis desfavorecidos, non vamos a ningún lado".