O Grove, Sanxenxo, A Illa e Vilagarcía reciben o material necesario para facer as súas praias accesibles
Por Redacción
Converter as Rías Baixas "como un destino accesible" é o obxectivo do plan de actuación en areais de catro municipios da provincia, que contarán esta mesma Semana Santa con material para facilitar o acceso ás praias a persoas con mobilidade reducida.
Esta iniciativa, canalizada a través da Deputación grazas a fondos europeos, consiste en dotar aos areais de pasarelas de madeira enrolables, coa intención de que se estendan ata o mar, e cadeiras de rodas anfibias, ademais de habilitar zonas de sombra nestes espazos naturais.
Se trata das praias de Baltar, Silgar e Canelas en Sanxenxo, A Lanzada e Area da Cruz no Grove, Bamio-Campanario en Vilagarcía e O Bao-Camaxe na Illa de Arousa.
Todo este material foi entregado aos concellos este luns no Centro Vacacional da Lanzada, pois eles serán os encargados agora de instalalos e prestar o servizo contando para iso con voluntarios de Protección de Civil ou cos servizos de socorrismo do propio areal.
O plan de actución conta cun presuposto de aproximadamente 100.000 euros, aos que hai que sumar, segundo explicou o presidente provincial Rafael Louzán, outro convenio "para facer accesibles espazos de Cambados, Vilanova, Meis, Meaño y Ribadumia".
Trátase de eliminar barreiras arquitectónicas en edificios significativos, como por exemplo o Mosteiro da Armenteira, para o que se destina preto de 400.000 euros.