O PSOE de Vilagarcía pide a dimisión de Rocío Llovo pola perda do Festival do Norte
Por Redacción
O Partido Socialista en Vilagarcía esixe a dimisión da concelleira de Cultura, Rocío Llovo, ao lamentar el "fracaso cultural, turísitico e económico" que supón para a vila a perda do Festival do Norte, que pasa a celebrarse este ano no concello da Illa de Arousa.
A voceira socialista Tania García considera que "a perda dun evento desta magnitude, xa consolidado como marca asociada a Vilagarcía e co impacto económico que ten para este Concello supón unha mazada para unha economía local que vivía, nos días do Festival, un aumento de ingresos e actividade moi importante".
Os socialistas sinalan que o ano pasado, o goberno que encabeza o alcalde Tomás Fole, puxera impedimentos e dificultades que dificultaron a celebración do Festival do Norte, ademais de realizar declaracións para diminuir o impacto deste evento. Tania García considera "cegatos" os dirixentes locais, aos que acusa de non ter "nin idea do que supón este Festival para hoteis, supermercados, hostalería... e o importante que é que miles de persoas visiten e coñezan Vilagarcía".
Reclaman, por esta razón, que a concelleira Rocío Llovo cesamento no seu cargo e dende as filas socialistas lamentan a marcha do Festival ao concello veciño: "Perdemos o maior evento cultural de Vilagarcía, o de maior impacto económico, un dous máis importantes reclamos turísticos e todo pola falta de gañas e nula xestión deste triste Goberno".