Bicicletas e karts para que os alumnos do CEIP Carballal aprendan educación viaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5346e2e5e8dfc-dscf3654.jpg)
© CEIP Carballal
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5346e2c9d24f7-dscf3677.jpg)
© CEIP Carballal
O alumnado de Terceiro e Sexto curso de Primaria do CEIP Carballal de Marín adentrouse este mércores na educación vial a través dunha actividade teórica e práctica co obxectivo de conseguir a adquisición de hábitos para a circulación peatonal e viaria completa, con coñecemento das regras que regulan o uso de vehículos adaptados á súa idade.
A tal fin, preparouse no patio do centro un circuito no que había semáforos, pasos de peóns, rotondas ou sinais verticais e horizontais. Os rapaces recibiron educación teórica e despois puidero poñela en práctica e experimentar eles mesmos.
Primeiro tocoulle o turno aos alumnos de Terceiro, que fixeron a actividade coas bicicletas. Sobre dúas rodas, puxeron en práctica os seus coñecementos sobre as boas prácticas que aprenderon na charla e nos xogos de mesa previos.
Os rapaces de Sexto repasaron as principais normas para unha boa seguridade vial a través de aplicacións de novas tecnoloxías, utilizaron o mesmo circuito, pero cos Karts da Dirección Xeral de Tráfico.
Para rematar, todos puideron coñecer outros aspectos do traballo da Policía, tales como as particularidades dos seus vehículos (coches e motos) ou as súas ferramentas.