Demanda ao Concello por unha cantidade de 5.000 euros ao esvarar nunha placa de xeo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O xuíz do contencioso número 1 de Pontevedra desestimou a demanda dun home que reclamaba 5.068 euros tras caerse ao esvarar nunha placa de xeo cando camiñaba polas proximidades da gardaría da Parda ás 9:10 horas do 16 de decembro de 2010.
Na súa demanda, o particular alegaba que a placa de xeo se xerara pola auga que expulsara unha boca de rego nun xardín municipal. Non obstante, o xuíz entende na sentenza do 6 de marzo de 2014 que a placa se formara polo mal tempo e, polo tanto, considera que o Concello non é responsable da caída do demandante.