Ferido grave ao quedarlle atrapada unha perna nun motocultor
Por Redacción
Un veciño de Pontevedra de 77 anos resultou ferido grave ao quedarlle atrapada unha perna nun motocultor.
O suceso tivo lugar arredor das 13:30 horas nun terreo da rúa Mare.
Mentres estaba a arar a terra unha das coitelas da máquina enganchóuselle ao pantalón cortándoo na perna.
Os bombeiros de Pontevedra liberaron esta persoa utilizando unha rebarbadora para cortar as coitelas da máquina.
O ferido foi trasladado consciente ao Hospital Montecelo.