Pontevedra acollerá a mostra de turismo 'Expocidades 2014'
Por Redacción
A Comisión delegada de Turismo do Eixo Atlántico decidiu que Pontevedra sexa a sede da mostra do turismo das cidades 'Expocidades' que organiza este órgano de cooperación transfronteiriza. Desta forma, a capital das Rías Baixas sucede a Lugo como escaparate turístico ao que acudirán ao redor de 40 concellos e 'cámaras' de Galicia e Portugal para promover os seus recursos e atractivos.
Nesta ocasión rompeu a alternancia de sede entre Galicia e Portugal pero a coincidencia das eleccións municipais no ano 2015 xogou a favor de decidirse por Pontevedra, segundo fontes da concellaría de Promoción Económica.
A feira desenvolverase entre o 4 e o 6 de xullo e a concelleira responsable de Turismo, Carlota Román, presentou dúas alternativas para a súa situación: a contorna da Alameda e, en caso de que opten por un espazo pechado, a primeira planta do Mercado de Abastos. A concelleira tamén sinalou que ten intención de que o acto estea relacionado coa gastronomía. O programa definitivo aínda se pechará nas próximas semanas.
Relacionadas:
-
Máis de 6.000 persoas participaron en Expocidades, a mostra turística do Eixo Atlántico
Por Redacción |
-
Pontevedra será "epicentro" dun Camiño Portugués que busca igualar o francés no próximo Ano Xacobeo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra quere acoller Expocidades, a feira de turismo que organiza o Eixo Atlántico
Por Redacción |