Arde unha vivenda en Cambados e a propietaria necesita asistencia sanitaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un incendio queimou este domingo parte dunha vivenda de Cambados e a súa propietaria tivo que ser trasladada en ambulancia e recibir asistencia sanitaria ao sufrir unha crise de ansiedade.
O incendio iniciouse pouco antes das 13.00 horas deste domingo no lugar do Couto, en Castrelo. Segundo informou Protección Civil de Cambados, as chamas queimaron a zona da bufarda.
A zona afectada tiña almacenadas bastantes posesións dos propietarios da vivenda, de modo que actuou como combustible para expandir as chamas, cuxa orixe ata o momento se descoñece.
O incidente requiriu a intervención dos Bombeiros e de voluntarios de Protección Civil de Cambados e quedou controlado e extinguido pouco despois, pero causou importantes danos que xeraron un alto estado de nerviosismo na propietaria da vivenda.