Os socialistas pontevedreses homenaxearán a Margariña Valderrama
Por Redacción
Con motivo do Día da Muller Traballadora a Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Pontevedra acordou iniciar, a partires deste ano, un recoñecemento ás mulleres do partido que "co seu traballo, compromiso e implicación contribúen a manter viva a organización na cidade de Pontevedra".
Así o manifestou este venres en rolda de prensa o secretario xeral Agustín Fernández e a secretaria de Igualdade, Sara Díez.
A executiva local do PSdeG-PSOE considera que existen moitas mulleres merecedoras dun recoñecemento por parte do Partido pero, pola súa ampla traxectoria dentro da organización, "por ser un exemplo de compromiso político e social e pola súa defensa na igualdade das mulleres", decidiu que esta primeira distinción recaíse en Carmen Margariña Valderrama Currás.
O acto de homenaxe terá lugar o próximo venres, día 14 de marzo, ás 20.00 horas.