Deteñen, por tentativa de homicidio, un fillo dunha veciña de Bueu que apareceu fortemente golpeada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha veciña de 72 anos do municipio de Bueu foi atopada o venres inconsciente e con múltiples golpes na cabeza e na cara no seu domicilio da zona das Meáns.
Segundo fontes da Garda Civil, un familiar deu a voz de alarma ás 20:40 horas, e a muller foi inicialmente trasladada ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Bueu antes de ser derivada de urxencia ao Hospital Montecelo de Pontevedra, onde permanece entubada na UCI debido á gravidade das súas lesións.
A Garda Civil iniciou unha investigación que levou á detención dun dos fillos da vítima este sábado como presunto autor dos feitos.
O home está acusado de tentativa de homicidio.
Axentes do grupo de Criminalística acudiron ao domicilio para recoller probas e pegadas que poidan aclarar o sucedido.
O detido permanece nos calabozos da Garda Civil de Pontevedra á espera de pasar a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Ofrenda floral á Virxe Peregrina con petición para que desapareza a violencia nunha sociedade "crispada"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
260.000 euros provinciais irán destinados a municipios para fomentar a igualdade
Por Anxo Lourido |
-
Minuto de silencio para reclamar solucións á "sangría" dos asasinatos machistas
Por Anxo Lourido |