![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1cf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/6408950319-28d60e12-3a05-4301-a68f-dade5eacb977-358961-.jpg)
© Concello de Cerdedo-Cotobade / Arquivo
260.000 euros provinciais irán destinados a municipios para fomentar a igualdade
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe un total de 260.000 euros para apoiar a 48 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes para realizar proxectos e actividades orientados ao fomento da igualdade e á loita contra a violencia de xénero.
A convocatoria recibiu 50 solicitudes de concellos, das cales dúas foron desestimadas por diferentes razóns, quedando finalmente aprobadas 48.
Cada un dos concellos beneficiados recibirá axudas que oscilan entre os 2.000 e os 6.000 euros, destinadas a financiar proxectos de prevención da violencia de xénero, educación en igualdade, conciliación, sensibilización, comunicación, actividades inclusivas e outras accións similares.
O presidente provincial, Luis López, subliñou o compromiso do goberno da Deputación coa igualdade: "Este é un goberno comprometido coa igualdade, e con liñas de achegas como esta o que buscamos é seguir avanzando na igualdade e na loita contra esa lacra social que é a violencia de xénero".
"É unha loita de todos cun labor importante das Deputacións e dos propios concellos", apuntou López durante o seu encontro cos medios de comunicación.
A Xunta de Goberno tamén aprobou unha partida de 120.000 euros destinada aos premios da Copa Deputación de Fútbol na que participaron 145 equipos de 47 concellos, en categorías feminina e masculina.
Relacionadas:
-
Deteñen, por tentativa de homicidio, un fillo dunha veciña de Bueu que apareceu fortemente golpeada
Por Redacción |
-
A Deputación entrega os primeiros premios do certame "E ti, que pensas da igualdade"
Por Oskar Viéitez |
-
"Ciencia en feminino", un programa de pódcast e videopódcast para reivindicar o papel da muller nas ciencias e na investigación
Por Redacción |