Carabuxeira recupera unha calidade óptima da auga tras a obra realizada durante quince días
Por Redacción
A praia de Carabuxeira recupera a calidade das súas augas despois de concluír unha obra de urxencia na rúa Profesor Hermida, que se prolongou durante quince días.
A empresa concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento en Sanxenxo extraeu nas últimas analíticas un resultado excelente da calidade da auga. Esta actuación urxente é resultado dunhas filtracións detectadas nunhas tubaxes de formigón.
Así, procedeuse a colocar 160 metros de tubaxe de pvc na rede de saneamento e outros 60 metros na rede de pluviais. A intervención cuantifícase nuns 85.000 euros.