Aumenta o número de participantes no Torneo de Bridge do Liceo Casino
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra acolle a súa edición número vinte e seis do Torneo de Bridge nas instalacións da Caeira.
Este ano as inscricións ao torneo aumentaron, co que a participación chegou ás 60 parellas, das cales, a metade son galegas e resto procedentes de Reino Unido, Portugal, Asturias, Cantabria, País Vasco, Valencia, Aragón Canarias e Madrid.
En todo caso, aínda non se recuperou o nivel do ano 2019 cando esta competición chegou a reunir a 94 xogadores na Caeira.
O Torneo empezou este luns e terminará hoxe martes contando cun alto nivel de xogadores, máis da metade dos participantes pertencen ás máis altas categorías, mestres nacionais e xogadores de primeira categoría, o resto dos xogadores pertencen á segunda e terceira categoría.
A competición desenvólvese de acordo con o sistema Mitchell, que consta de dúas sesións. A primeira sesión de xogo disputouse o luns e para hoxe está prevista a segunda a partir das 17:00 horas.
Ao terminar o torneo, ao redor das 21:30 horas, ofrecerase un cóctel e procederase á entrega de premios.
Relacionadas:
-
Non perde puxanza o baile de gala do Liceo Casino con 19 mozas que gozarán a súa posta de longo
Por Ramiro Espiño |
-
"Éxito absoluto" da 27 edición da Cea Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra
Por Redacción |
-
A sala de pesas do Municipal, embrión dos ximnasios de Pontevedra
Por Tomás Abeigón |