A Fundación A.M.A. convoca os seus XXI Premios Científicos, baixo o lema "Investigación e Ciencia na Sanidade"
O padroado da Fundación A.M.A. acordou que o tema de investigación dos XXI Premios Científicos sexa de temática libre, coa condición de que estea relacionado coa saúde e que na mesma poidan participar todos os mutualistas e asegurados da Agrupación Mutual Aseguradora.
Os traballos que opten a esta convocatoria dos Premios Científicos deberán presentarse antes do 31 de maio de 2025. En canto aos autores, as condicións para participar son que sexa un profesional dos distintos ámbitos sanitarios, que teña a condición de asegurado ou mutualista de A.M.A. no momento de presentar o traballo.
Sobre o traballo presentado, deberá ser orixinal, escrito en lingua castelá e o tema para desenvolver será LIBRE, relacionado coa Sanidade, a elección dos participantes. Os traballos que se presenten non poderán ser integramente publicados, nin dados a coñecer na súa totalidade de ningún xeito, nin a través de ningún medio con anterioridade á data da súa presentación, nin tampouco antes da concesión do Premio.
En caso de ser publicados parcialmente o autor deberá acompañar á súa solicitude, en documento independente, a descrición da parte do traballo xa publicada identificando o medio en que foi publicado.
A dotación económica global será de 30.000 euros, dos cales 20.000 euros corresponderán ao traballo vencedor e 10.000 ao accésit do premio, o cal os sitúa como un dos premios científicos con maior dotación económica a nivel estatal.
Este premio incluído dentro do Plan de Actuación 2024 vén ratificar o compromiso da Fundación A.M.A. cun dos seus fins principais que é o fomento da formación e a investigación sanitaria.
O xurado estará presidido polo doutor D. Diego Murillo, como Presidente da Fundación A.M.A, e a súa composición non se fará pública ata o mesmo día da concesión do Premio, pero, como en edicións anteriores, estará composto por personalidades das Reais Academias, Consellos dos Colexios Sanitarios e membros colexiais e/o profesionais dos Colexios.
As bases íntegras de participación están dispoñibles na web da Fundación A.M.A.