Concluída a ampliación na nave de almacenamento do Punto Limpo de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concelleiro de Medio Ambiente de Sanxenxo, Yago Torres, visitou este mércores a ampliación realizada na nave do Punto Limpo. Unha obra que engade 144 metros cadrados á parcela, dotada de delimitación e cuberta ademais dun computador para control de residuos.
A mellora inclúe igualmente 16 novos contedores, catro deles de grandes dimensións para residuos voluminosos, e o resto para distribuír no municipio para a recollida selectiva. En total, o investimento realizado aproxímase aos 160.000 euros, sufragados con fondos do Concello e unha subvención europea do Plan de Recuperación Next Generation.
Tanto materiais como equipos dispoñen de categoría ecolóxica e en canto aos contedores adquiridos dispoñen no frontal dunha placa informativa en braille sobre separación de residuos.
Os veciños domiciliados en Sanxenxo poden facer uso gratuíto do Punto Limpo facilitando os seus datos na recepción destas instalacións. O horario é de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas de martes a venres; e os sábados en horario de 10.00 a 13.30 horas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo acollerá o 15 de setembro a última etapa da Volta Ciclista a Galicia
Por Redacción |
-
O turismo en Sanxenxo, máis aló de xullo e agosto: pechan o segundo mellor xuño da súa historia
Por Redacción |
-
Auxilian o tripulante dun barco que golpeou a cabeza navegando entre Canelas e Montalvo
Por Redacción |