Unha persoa ferida nun accidente con cinco coches implicados en Meis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este martes nun accidente múltiple rexistrado na estrada PO-531 ao seu paso polo municipio de Meis.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o accidente rexistrouse sobre as 14.15 horas entre os quilómetros 15 e 16 da PO-531.
Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Meis.
Os membros de Protección Civil, xa desde o punto, confirmaron que eran un total de cinco vehículos involucrados no accidente, cunha única persoa ferida.