Diversión para a cativada co Animatrón no Parque das Palmeiras
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a4b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a91e8181-20240730-patxot-animatron-0052.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/34b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a91f251b-20240730-patxot-animatron-0045.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ed2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a91eb8a4-20240730-patxot-animatron-0054.jpg)
© Mónica Patxot
Ata o próximo venres 2 de agosto, o Parque das Palmeiras convértese nun punto de encontro obrigado para toda rapazada pontevedresa. Será no marco dunha nova edición do Animatrón, que enche este espazo con numerosas actividades infantís.
O horario deste espazo, que abriu as súas portas este martes con menos asistencia de público da habitual en edicións anteriores, é de 18:00 a 21:00 horas.
Enmárcase na programación festiva de verán de Pontevedra, co obxectivo de contribuír a ofrecer actividades para todos os públicos, neste caso para os máis pequenos e pequenas.
Entre as múltiples propostas deste ano hai obradoiros moi participativos e, como gran novidade, un xardín infantil onde se poderá xogar con follas e prantas de tea ou mini carretillas, sendo xardineiros por un día.
Ademais, a estrea do Animatrón, que se produciu nunha tarde de altas temperaturas na que os termómetros chegron aos 32 graos en Pontevedra, contou cun taller de 3D para toda a familia.
No apartado de animación, ademais de inchables, habrá zancudos, monociclos, malabares, un pelotón xigante ou globos xigantes, mentres que na ludoteca "Constrúe a túa nova cidade" haberá grandes pezas de construcción, chalecos ou cascos de obra.
En Animatrón hai tamén actuacións do home orquestra, diversos contacontos e, como peche estrela para o último día, un espectáculo de danza aérea.
Todas as actividades deste programa festivo son gratuítas.