Un acto institucional na Alameda e unha romaría popular para celebrar o Día de Galicia en Marín
Por Redacción
O Día de Galicia do próximo xoves 25 de xullo tamén se celebra en Marín.
Do mesmo xeito que outros anos o Concello de Marín ten previsto realizar un acto institucional na Alameda, ás 12.00 horas, no que soará o himno galego e no que se repartirán pulseiras coa bandeira.
Ademais a propia Alameda acollerá a XXV Romaría Popular da Asociación Cultural Trompos Os Pés, unha cita que aposta pola tradición e que abrirá os seus postos de artesanía a partir das 10.30 horas, contando coa actuación do grupo folclórico da asociación.
Xa pola tarde, ás 18.00 horas, será a quenda dos xogos tradicionais, e ás 20.00 horas dunha actuación da Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau, de Cotobade.
O fin de festa será ao redor das 22.30 horas coa realización dunha queimada.