Marín fai un balance "espectacular" das Festas do Carme
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O verán en Marín non terminou, pero si unhas Festas do Carme que deixaron un gran sabor de boca no Concello.
Aseguran desde o goberno local que o balance das festas patronais foi "espectacular", dada a gran afluencia de veciños e visitantes ás diferentes actividades programadas con concertos, verbenas, pasacalles ou actividades infantís.
"Tratamos de chegar a todas as persoas e a todas as idades, porque sabemos que son uns días nos que a nosa vila está chea de xente e hai que tratar de diversificar a actividade", sinalan desde o Concello.
As Festas do Carme, afirman desde o consistorio, estiveron este ano tamén marcadas pola presenza da Princesa de Asturias na entrega de Reais Despachos da Escola Naval Militar, centro no que se formará durante os próximos meses.
Ademais completáronse con outras celebracións como III Festa dos Viños ou as festas de Seixo.