Os colexios de Sanxenxo, a punto de iniciar o seu mantemento anual
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo iniciará nos próximos días, como cada ano, as obras de mantemento e reforma nos centros escolares do municipio.
Serán unhas actuacións que custarán uns 40.000 euros e nas que traballarán persoal municipal de mantemento e servizos, así como empresas externas, aproveitando o parón estival das clases.
O obxectivo das obras é o de mellorar as condicións de todos estes centros tanto como para o alumnado como para os docentes do próximo curso escolar en base ás necesidades expostas polos equipos directivos en cada colexio.
Entre os traballos previstos atópase o acondicionamento de seis aulas da planta baixa, e ampliar a arqueta da recollida de pluviais no colexio de Portonovo.
Haberá ademais melloras nos baños do CEIP Magaláns; a reposición da cancilla, a colocación dun canlón no patio de infantil e o pintado do muro perimetral no colexio de Nantes; ou a posta a piques da instalación eléctrica da aula de informática no da Florida.
En O Telleiro afrontarase o acondicionamento da saída de emerxencia, reposición do canlón do pavillón, así como o tapiado e acondicionamento da parede sur que filtra humidade para os baños e o cambio de teito nas casetas de xardinería.
Na Escola Unitaria de Aios, por último, está previsto o cambio de chan tras o acondicionamento dunha nova aula cedida por parte da Asociación Os Raposos de Aios.
A estas actuacións engadiranse a inspección dos depósitos de gasoil e das alarmas en todos os centros educativos.