Renfe pon en marcha este luns os novos trens Avlo en Galicia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Renfe estrea este luns en Galicia os novos servizos Avlo. A compañía iniciou a venda de billetes para estes trens o pasado día 5, acompañados dunha campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros para viaxar ata o 30 de setembro.
Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodadura desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional.
Á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid sumaranse a partir deste luns dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela.
Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV/AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.
- Madrid-Galicia: Avlo con saída ás 17:08 horas con destino A Coruña, os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21:04 horas. E destino Vigo Urzaiz os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21:37 horas.
- Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6:34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5:57 horas, con saída desde Santiago ás 7:06 horas e chegada a destino ás 10:32 horas.
O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres trens (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 e Madrid 20:23 - Ourense 22:37 horas).
A estrea do Avlo este verán chega con trens S106 con maior capacidade, 581 prazas repartidas en 12 coches en filas de 3+2, supoñerá un incremento de máis de 8.000 prazas semanais na oferta do corredor Galicia-Madrid.
Relacionadas:
-
Renfe non indemnizará ata 60 minutos de atraso: "Paréceme mal; o que está a conseguir así é atrasarse se quere"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sorpresa para os viaxeiros da alta velocidade: Pontevedra é portada da revista do Club Renfe
Por María José Pita |
-
VÍDEO.- Así debutaba o tren Avril na estación de Pontevedra antes dunha avaría técnica en Ourense
Por Anxo Lourido |
-
Así son os novos trens Avril, que xa circulan por Pontevedra en fase de probas
Por Alejandro Espiño |
-
Renfe pon á venda máis de 39.000 billetes semanais nos servizos de Alta Velocidade Galicia-Madrid
Por Oskar Viéitez |