Espina y Delfín iniciou as obras de saneamento e abastecemento en Chandevila
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A empresa concesionaria Espina y Delfín iniciou esta semana as obras de saneamento e abastecemento en Chandevila (Bordóns).
A actuación valorada en 94.121 euros inclúe 290 metros de tubaxe de abastecemento e 656 metros, de saneamento. Esta obra entronca coa realizada na zona do Sear hai xa uns meses e valorada en 70.736 euros.
Ambas as actuacións inclúense dentro das obras valoradas en doce millóns de euros que debe realizar a concesionaria do servizo da auga tras o novo contrato. Ata o momento executou 20 proxectos de ampliación da rede de saneamento e auga do rural. Así, traballouse xa en Vilalonga, nos lugares de Altamira, Xuncablanca, Lagarei, Igrexario e Lomba.
En Noalla, en Tombelo e Pontes e proximamente vaise a ampliar a rede de saneamento e auga na subida de Pontes. En Dorrón dotouse destas redes a Barreiro e Rexenxo e en Nantes traballouse en Pazos, Casal e está previsto actuar proximamente entre a igrexa e o parque empresarial. En Padriñan foi e Reyes e Padriñan, e en Adina ampliouse a rede de saneamento en Poleiros.
Relacionadas:
-
Obras de saneamento urxente na Carabuxeira para mellorar a calidade de auga
Por Redacción |
-
A rotura dunha tubaxe de saneamento en Sanxenxo obriga a crear unha balsa para evitar unha vertedura en Lavapanos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A mellora do Outeiro de Dorrón e a contorna da capela de San Amaro de Arra en Adina realizaranse despois do verán
Por Redacción |