Un mapa virtual no que percorrer Marín en dixital
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou o novo flyer turístico que está dispoñible tanto na Oficina de Turismo como na propia Casa Consistorial e no Museo Municipal Manuel Torres.
"Trátase dunha revistiña coa que queremos ofrecer a que nos visita todos os atractivos de Marín. É difícil concentralo todo nun libriño coma este, pero polo menos será unha boa aproximación para coñecernos máis de preto", dixo Cristina Acuña.
De feito, a concelleira promocionou especialmente un recurso dixital que se acompaña na guía, un Virtual Map que permite percorrer como nun paseo virtual algúns dos puntos turísticos e patrimoniais máis relevantes da vila e que se pode consultar a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/turismo/
Acuña explica que Marín "ten moito potencial a nivel turístico, pola nosa contorna, a nosa riqueza e tradición, o noso ocio e posibilidades, pero aínda temos o traballo de dalo a coñecer máis como un destino turístico sostible, no que unir os intereses de quen nos visita cos da veciñanza".