O Concello de Sanxenxo pedirá un crédito por se o Supremo non admite o pago fraccionado de As Cunchas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Nos próximos meses o Tribunal Supremo pronunciarase sobre o recurso de casación do Concello no que solicita o pago fraccionado dos 6,9 millóns de euros pendentes da expropiación da leira e o vial de As Cunchas.
En calquera caso, do importe máximo da operación deberase deducir o pago xa efectuado desta anualidade no pasado mes de marzo.
Ante a eventualidade de que o recurso puidese ser rexeitado, o Concello explorou con cinco entidades bancarias a opción dun crédito que permitiría saldar nun único pago a cantidade pendente da expropiación.
Así, o goberno levará ao Pleno ordinario do 29 de xullo a concertación dun préstamo a 8 anos, o mesmo prazo que se solicita ao Supremo, co primeiro ano de carencia, é dicir, sen intereses e coa posibilidade da súa anulación sen custo algún.
O Concello de Sanxenxo ten débeda cero desde finais de 2022, "por tanto, asumiría a operación nas mellores condicións posibles".
No caso de confirmarse o crédito, o endebedamento situaríase no 27%, "moi lonxe do máximo que permite a lei de estabilidade orzamentaria situado no 75% dos ingresos ordinarios do Concello".
Relacionadas:
-
As carteiras, algunha con máis de mil euros, o mais habitual na oficina de obxectos perdidos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Obras de saneamento urxente na Carabuxeira para mellorar a calidade de auga
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alertan do futuro económico do Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo terá que pedir un préstamo se o Tribunal Supremo non admite o pago a prazos dos 9,6 millóns da sentenza de Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O Supremo condena a Sanxenxo a pagar 9,9 millóns aos Rocafort pola leira e o vial de As Cunchas
Por Oskar Viéitez |