200 nenos participan nas actividades de verán que organiza o Concello de Soutomaior
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Soutomaior e concelleiro de Deportes e Educación, Manu Lourenzo, visitou nesta xornada a un dos grupos que están participando nunha nova edición das actividades de verán que ofertan dende o Concello de Soutomaior.
200 nenos de idades comprendidas entre os 3 a os 14 anos participan dende o 1 de xullo nestas actividades “sorpresa”, xa que é a finais de cada semana cando as familias coñecerán as actividades que o concello ten organizadas cada semana para os peques.
Son moitas e novidosas as actividades que se programan nestes días, así xa puideron desfrutar dun obradoiro de bichos, de robótica, dunha ruta en kayak por Cestantes, das actividades do Fornelos Wake Club, de inchables acuáticos no Peirao, dun día no Aquapark de Cerceda, da visita a Corax Fauna na Coruña ou da visita deste mércores ao parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
A vindeira semana virá cargada de sorpresas entre as que se atopa a visita en catamarán á Illa de Tambo e a Combarro.
As actividades pecharanse o 26 de xullo coa celebración do Día dos Avós no Peirao de Arcade e cunha festa de clausura que terá lugar ese mesmo día, o venres 26 de xullo, a partir das 21:30 horas na Alameda de Talo Río. Unha cita á que están convidadas todas as familias e que contará co directo e espectáculo ‘María Fumasa cantar e bailar para ser felices’.
Relacionadas:
-
A rede de abastecemento en Cochón será renovada polo Concello antes de finalizar o ano
Por Oskar Viéitez |
-
Xa se poden solicitar as barras para a primeira Semana Grande de Soutomaior
Por Redacción |
-
Praias con libros, contacontos e actividades estivais no Biblioverán de Soutomaior
Por Redacción |
-
Esgotadas as prazas dos dous campamentos para a mocidade ofertados en Soutomaior
Por Redacción |
-
Un campamento en inglés e outro de surf, a oferta estival de Soutomaior para a mocidade
Por Redacción |
-
'Trouleando en Soutomaior', o espazo de conciliación para este verán
Por Redacción |