O aplaudido rescate dunha gaivota por parte dos Bombeiros
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron este luns ao rescate dunha gaivota.
Segundo informaron veciños da zona, o animal levaba tres días atrapado nun balcón do primeiro piso do edificio número 22 da rúa Rosalía de Castro.
Unha dotación do servizo municipal de extinción de incendios acudiu ao redor das oito da tarde co camión escaleira e, nunha rápida manobra, conseguiu liberar ao paxaro.
A estreiteza do espazo no que quedara confinada impedía á gaivota saír polos seus propios medios.
Os bombeiros colleron á gaivota con coidado ata introducilo nun transportín para a súa maior seguridade.
Un grupo de viandantes celebrou o éxito da devandita liberación cun aplauso emocionado.
Neste operativo tamén participou a Policía Local.