Calor sen abafos os próximos días dun verán que non termina de arrancar
Por Redacción
Miles de bañistas regresaron nas últimas horas ás praias das Rías Baixas. Despois de varios días de choiva, o tempo deunos un respiro e a estampa nos areais galegos xa se pareceu máis ás que se repiten durante todo o verán.
E así se manterá, polo menos, durante toda a fin de semana, no que se esperan xornadas asolladas, pero cunha calor sen abafos.
Así, para este sábado 13 de xullo espéranse ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que esta situación podería alternarse coa presenza de abundantes nubes.
As temperaturas, segundo o prognóstico de Meteogalicia, alcanzarán os 25 graos en máxima.
Algo peor é a previsión para o domingo 14, xa que os meteorólogos apuntan a que aumente a posibilidade de ceos nubrados e, sobre todo pola tarde, a volta das choivas.
Tamén baixarán as temperaturas de novo, situándose en máximas de 20 graos.
Esta situación manterase tamén o luns.