Volve á casa Roma, a cadela que fuxiu asustada das bombas de palenque
Por Redacción
Á unha da madrugada deste xoves a este venres, tras horas de procura, Roma volveu a casa. Fuxira horas antes, na contorna da Xunqueira, preto do río Lérez, asustada polas bombas de palenque, pero a súa historia tivo final feliz.
"Roma se escapó", alertou durante a xornada do xoves a protectora de animais Os Palleiros, indicando que as bombas de palenque lanzadas ao redor das 11.00 con motivo da celebración da romaría de San Bieito provocaron que a cadela se asustase polos estalidos e fuxise.
Trece horas pasaron ata que chegou a confirmación. "Todo ben", comunicaba o seu propietario. Acabábaa de localizar "camiño a casa". Estaba a volver ela soa.
Durante toda a xornada, varias persoas estiveran buscándoa, coa indicación de que é unha cadela boa e dócil, de modo que calquera podía achegarse a ela sen medo, e de que, ante calquera aviso, o propietario achegaríase inmediatamente.