A Procesión do Carme ben vale un barco
Por Anxo Lourido
O Concello de Bueu prepara as Festas do Carme, un dos eventos máis esperados e arraigados na vila mariñeira.
Como parte das celebracións, o Concello porá a disposición da cidadanía un barco para participar na procesión marítima que terá lugar o martes 16 de xullo ás 18:30 horas, tras a misa na lonxa.
As inscricións para viaxar neste barco, que contará con 250 prazas, estarán abertas dende o venres 12 ata o luns 15 de xullo.
As persoas interesadas poderán inscribirse no Rexistro Xeral ou pola Sede Electrónica do Concello.
Cada persoa só terá a posibilidade de apuntar ata un máximo de tres acompañantes.
O alcalde Félix Juncal subliña que "ano tras ano, sabemos que hai moita demanda para presenciar a procesión tan tradicional na nosa vila".
"Por terceiro ano consecutivo, o Concello pon á disposición da cidadanía este barco para que poidan gozar da celebración con seguridade", explica o rexedor sobre esta decisión.