Un neno de cinco anos e dous adultos, feridos nun accidente en Cambados entre un todoterreo e un turismo
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/526/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/668f810d9b-000.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6f6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/668f8162c7-002.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Este mércores 10 de xullo ás 17:01 horas, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiu a un accidente de tráfico na PO-550, ao seu paso polo lugar de A Bouza, Castrelo (Cambados).
O sinistro involucraba un todoterreo conducido por J.P.P., de 62 anos e veciño de Cambados, e un turismo no que viaxaban S.S.F., de 34 anos, e o seu fillo de 5 anos.
Os tres foron trasladados ao Hospital do Salnés con dor lumbar, cervical e torácica.
Na intervención participaron unha ambulancia do 061, persoal médico do Centro de Saúde de Cambados, a Garda Civil de Tráfico e o equipo de Atestados, ademais do Servizo de Emerxencias do municipio.
Relacionadas:
-
Tráfico tramita unha denuncia por infracción grave, recollida nun vídeo achegado por un cidadán
Por Oskar Viéitez |
-
Falece un home de idade avanzada atropelado na recta de Carril en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Sofre un mareo ao volante, impacta contra dous coches aparcados e envorca en Sanxenxo
Por Anxo Lourido |
-
Dous feridos nun accidente laboral mentres traballaban nun guindastre elevador no polígono do Pousadoiro
Por Natalia Puga |
-
Falece un home en Ribadumia ao caerlle unha vigueta dunha viña cando manexaba un tractor
Por Redacción |
-
Un menor resulta ferido nunha colisión múltiple
Por Redacción |