Carballedo seguirá tendo caixeiro automático no baixo da casa consistorial
Por Redacción
Os baixos da Casa Consistorial de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, alberga a partir deste mércores 10 de xullo un caixeiro automático de Abanca.
Trátase dun caixeiro automático de última xeración que permite realizar ao usuario o maior número de xestións e operativas posible desde Carballedo, evitando así que teña que realizar calquera desprazamento para retirar cartos.
Esta foi a solución que buscou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para manter o servizo bancario permanente despois de que se vendera o edificio que ata agora ocupaba a entidade.
O alcalde trasladou a Abanca a necesidade de manter os servizos bancarios e, como resultado da negociación realizada, habilitouse este espazo permanente nos baixos do consistorio.
O caixeiro estará no lugar de entrada ao Multiusos Municipal, un lugar "cómodo e accesible" para os usuarios desta entidade bancaria.
Jorge Cubela salientou o esforzo do Concello para poder manter o servizo.