ÿxito de participación na Festa infantil de Entroido en Ponte Caldelas
Por Redacción
Decenas de nenos participaron na Festa de Entroido Infantil que este domingo 2 de marzo se celebrou no Colexio Cordo Boullosa no concello de ponte Caldelas, debido ao mal tempo.
Os pequenos mostraron os seus disfraces e participaron nas actividades de animación sociocultural.
O Concello ten previsto que o martes 4 de marzo, a partir das 22.00 horas, se desenvolva o desfile co concurso de disfraces para o que destina un total de 2.370 euros en premios. O percorrido do desfile finalizará na Alameda onde a Orquestra D'Moda amenizará a verbena.
A organización mantense pendente das previsións do tempo por se houbese que modificar o desenvolvemento das actividades previstas para o martes.