Emotivo retorno da primeira rotación do continxente da Brilat procedente de Eslovaquia
Por Redacción
Apertas, choros e unha gran emoción conformaban o escenario familiar desde as 19.30 horas deste domingo no aeroporto de Peinador en Vigo coa chegada dun grupo de militares do continxente da Brilat procedentes de Eslovaquia.
Nesta xornada chegaban os cincuenta primeiros militares que estiveran despregados en Eslovaquia. Trátase da primeira das tres rotacións.
Desde o 3 de xullo, España atópase á fronte do Battle Group Multinacional da OTAN que se atopa despregado no país de Europa Central, que limita ao leste con Ucraína.
A Brilat forma parte da misión Enhanced Forward Presence Eslovaquia coa intención de soster unha forza mecanizada dentro da presenza avanzada da OTAN para, en caso de necesitarse, defender e protexer a Eslovaquia ante calquera ataque que puidese producirse nesa zona europea.
Relacionadas:
-
España xa está ao mando do Battle Group da OTAN en Eslovaquia
Por Redacción |
-
A Brilat escribe outra etapa da súa historia mirando a Ucraína, Polonia, Eslovaquia e a preparación constante
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat volverá de Eslovaquia en xullo e en 2025 regresará para liderar todo o ano a misión da OTAN
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |