O Museo das Salgadeiras de Moreiras no Grove reabre con actuacións musicais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Desde este venres 5, o Museo das Salgadeiras de Moreiras reabría as portas ao público.
Estas instalacións permiten visitas de martes a domingo en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.30 horas.
Tamén están previstas visitas guiadas ás 11.30 e ás 18.00 horas, segundo indica o Concello do Grove.
A entrada ás instalacións é gratuíta coa intención de potenciar a difusión deste espazo etnográfico.
Ademais, está previsto que se desenvolva unha programación cultural de verán con actividades e concertos.
O venres 19 de xulio, a partir das 21.00 horas, está prevista a actuación de David Chiquillo e Lote.
O venres 2 de agosto chegará a quenda do concerto de Clara Pino, arpa celta e voz, e Pablo Vidal, contrabaixo, piano e voz.
Tamén se desenvolverá unha Semana cultural en Moreiras. O 13 de agosto, Raquel Queizas ofrecerá o espectáculo de narraciuón oral 'Romaría' para todos os públicos.
O mércores 14 de agosto proxectarase a película 'Pinocho', de Guillermo del Toro e o xoves 15 de agosto a música tradicional galega será a protagonista co grupo local Cinco en Zocas.
Por último, o 17 de agosto, a agrupación Mekpoetic poñerá en marcha a festa poético musical 'Versos nas Salgadeiras'.