Sábado de paseo nocturno en bici por Vilagarcía
Por Redacción
Este sábado 6 de xullo, Vilagarcía gozará dun novo e lúdico paseo nocturno en bicicleta.
A Asociación Arousa en Bici e o Concello de Vilagarcía organizan este evento que en 2023 contou coa participación de máis de 200 persoas de todas as idades.
A intención dos organizadores é superar esa cifra de participantes.
A saída será no parque do Cavadelo ás 22.00 horas. Despois, a marcha continuará cara a Vilaxoán para volver en dirección O Carril e regresar ao centro de Vilagarcía.
A Policía Local e integrantes de Protección Civil acompañarán ao pelotón.
É necesario usar casco de protección e, ao final do evento, serán sorteados accesorios para as bicicletas entre as persoas participantes.