Yolanda Villar Peluquer@s estrea instalacións, salón partner Paul Mitchell e especialidade de Dermotricoloxía
O pasado venres, Yolanda Villar Peluquer@s abría as súas portas en Rúa Profesor Filgueira Valverde, 10 (Esquina Eduardo Pondal).
Á inauguración do establecemento, cun interior completamente renovado, acudía unha boa parte da clientela que compartiu os 14 anos de Yolanda Villar á fronte do seu primeiro salón de peiteado en Rúa Manuel do Palacio, tamén en Pontevedra. "Foron anos moi bos, pero apetecíame dar un salto na profesión e especializarme", comenta.
A especialización é a grande aposta deste novo salón de peiteado. "Somos un salón acreditado por Paul Mitchell en Técnica colorista profesional, contamos coa especialidade de Dermotricoloxía Capilar do laboratorio Kapyderm e ademais somos salón certificado CND", resume Yolanda Villar. Vaiamos por partes.
SALÓN PARTNER PAUL MITCHELL
Yolanda Villar Peluquer@s é un salón acreditado por esta marca americana que está á vangarda coa súa coloración 100% vegana baseada en plantas e "cruelty free", é dicir, non testada en animais, sendo a primeira empresa do sector que se mostrou abertamente en contra da experimentación en animais xa en 1980.
"Incorporamos como novidade The Demi, a coloración aceda demi-permanente máis versátil que potencia a cor, brillo e textura do cabelo. Tamén contamos con produtos de coidado e de estilo únicos, elaborados con estractos de Awapuhi hawaiano e fórmulas patentadas".
LABORATORIO KAPYDERM
En Yolanda Villar Peluque@s podémonos atopar con todos os servizos que engloba o salón de peiteado e, como unha proposta de valor, no centro aplican Terapias capilares dermotricolóxicas. A propia Yolanda explica que se trata dunha especialidade dedicada ao estudo e o coidado da saúde do coiro cabeludo: procesos oncolóxicos, alopecia areata, caídas difusas, pitiríase, dermatite seborreica, psoriase e ata un longo etcétera. Son tratamentos naturais que chegan da man de Kapyderm, o laboratorio español líder que patentou a Dermotricoloxía a nivel mundial.
Pero para tratar calquera afección é importante realizar un bo diagnóstico. "No centro dispoñemos dun analizador da pel e cabelo que nos permitirá a análise e diagnóstico preciso para tratar as afeccións que cada vez moitas máis persoas padecen. O cliente poderá observar a tempo real o seu coiro cabeludo dende un PC onde está conectado o analizador. A transparencia para min é fundamental", coméntanos Yolanda.
SISTEMA CND
É outro dos referentes que incorpora Yolanda Villar Peluquer@s nesta nova etapa. Un método de traballo para o esmaltado das unllas que asegura un coidado integral grazas aos seus microcanais, polo que a unlla sempre respira e pode ser tratada para evitar que se deshidrate.
CND Shellac é a marca líder no mercado de esmaltes semipermanentes, cunha gran variedade de tons e cun brillo espello inimitable.
Ademais, os esmaltes CND Shellac son "7 free", é dicir, libres dos sete ingredientes máis nocivos para as unllas, polo que se pode repetir manicura e pedicura coa seguridade de que non sufrirán os problemas que provocan produtos de menor calidade: sequidade, fraxilidade e amarelado.
XORNADA ABERTA
"Como promoción de apertura, este venres 12 de xullo, de 9:00 a 16:00 horas, haberá unha "xornada aberta" para facer os diagnósticos capilares a todas as persoas que o soliciten, de maneira gratuíta e sen compromiso ningún", expón Yolanda.
Previamente, é necesario confirmar asistencia, tanto chamando ao teléfono do salón de de Yolanda Villar Peluquer@s (636 924 367) ou achegándose ás instalacións en Rúa Profesor Filgueira Valverde 10, nos seus horarios habituais: Luns, mércores, xoves e venres de 9:00 a 19:00 horas; e martes e sábados de 9:00 a 14:00 horas.