Ondean as cinco bandeiras azuis nas praias de Bueu e entran en funcionamento os servizos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Co izado das bandeiras azuis nas praias do municipio de Bueu, este venres, quedaron igualmente operativos os servizos de socorrismo nestes areais. Este ano, o alcalde Félix Juncal e as concelleiras Silvia Carballo e Isabel Quintás participaron neste acto simbólico na praia de Portomaior.
Xunto a este areal, Area de Bon, Lagos e Lapamán ondean un ano máis este distintivo de calidade e por primeira vez loce bandeira azul no Estaleiro de Purro (Banda do Río).
Engadir que tamén se revalidou o recoñecemento ambiental decentro azul para o carreiro de Cabo Udra e a aula de natureza do mesmo e o Centro de Interpretación de Agrelo.
Nas dúas últimas semanas a brigada de obras e servizos estivo a realizar traballos de acondicionamento, renovación e limpeza e ao tempo concluíuse o proceso administrativo para que xunto ao izado das bandeiras azuis comecen a estar operativos os servizos de socorrismo nestas praias.