Samieira recupera este 4 de xullo a verbena de San Antón cos Satélites e DJ Paco Vulkano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parroquia de Samieira terá este xoves 4 de xullo unha velada festiva para recuperar a verbena que as choivas impediron a mediados de xuño cando estaban sinaladas as festas en honra a San Antón.
Naquel momento ante as desfavorables condicións meteorolóxicas a comisión de festas optou por cancelar os actos previstos. Esa cancelación foi finalmente un aprazamento xa que ás 21.30 horas deste xoves comezará a verbena con actuación da orquestra Os Satelites e de DJ Paco Vulkano. A cita lúdica será na praza Alfredo Romay.
Durante as actuacións estarán abertas barras de venda de bebidas nas que se repartirán vasos reutilizables facilitados polo Concello de Poio. O custo destes vasos pódese recuperar se se devolven unha vez acabada a consumición ou tamén se poden conservar para ser reutilizados.