A Orghullosa enche Soutomaior de Orgullo ao ritmo de de Flow do Toxo e Mondra
Por Redacción
A Orghullosa, a primeira festa das identidades diversas e disidentes, encheu Soutomaior de moito Orgullo LGBTBIQA+ durante a fin de semana. A primeira cita desta celebración congregou un nutrido grupo de persoas na contorna do peirao.
Este sábado 29 foi o día grande da festa e comezou pola mañá cunha andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQA+ desde o Castelo na que participaron preto de 50 persoas.
Xa ao mediodía, a festa trasladouse ao peirao e alí durou ata ben entrada a noite. A primeira parada foi unha sesión vermú con música tradicional a cargo do Dúo Aldaolado y o Mari Picinc.
Pola tarde, na Carballeira do Peirao, foi a quenda do laboratorio de Contos e Legos impartido por Hadriana Ordóñez, que xa tivera unha primeira edición o venres. Logo, chegou o Laboratorio creativo de bordado impartido por Maritza Berttolini no que 12 persoas puideron deseñar e crear a súa propia bandeira da Orghullosa.
A partir das 19.30 os protagonistas foron os máis pequenos e pequenas da casa, cun obradoiro de construción comunitaria dunha bandeira xigante de globos LGTBIQA+.
A música foi a grande protagonista da noite, co comprometido directo de Flow do Toxo e Mondra. Mentres duraron os concertos, estivo aberta a Punta Orghullosa, un punto de información sobre asociacións LGTBQA+, e un Punto Lila para prevención das violencias machistas.
A festa celebrouse baixo o paraugas do programa Soutomaior Inclusivo, de tal xeito houbo cascos anti-ruído e plataforma para que as persoas con mobilidade reducida puidesen gozar dos concertos.