O Orgullo reivindica que "Pontevedra é diversa" e pide "avanzar en dereitos para que as crianzas poidan ter referentes"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/568/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66806cf283-20240629-saiz-palmeras-manifestacion-orgullo-2024-0432.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b9d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66806cf3c9-20240629-saiz-palmeras-manifestacion-orgullo-2024-0483.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dab/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66806cee65-20240629-saiz-palmeras-manifestacion-orgullo-2024-0198.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/213/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66806cf7c8-20240629-saiz-palmeras-manifestacion-orgullo-2024-0645.jpg)
© Cristina Saiz
Ao berro de "Pontevedra é diversa", unha manifestación percorreu este sábado as rúas de Pontevedra dentro da programación do Día do Orgullo LGBTIQA+. O acto reivindicativo resultou masivo, tivo por lema 'Avancemos en dereitos' e, ao seu remate, un manifesto reclamou que "queremos avanzar en dereitos para que as crianzas poidan ter referentes".
Este 2024, o Concello de Pontevedra, coa concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, á fronte, quixo que este día non fora só unha efeméride no calendario senón unha declaración de intencións de que Pontevedra é unha cidade moderna, acolledora e plural" e tamén unha cidade orgullosa os 365 días do ano.
Este sábado foi toda unha demostración deste obxectivo, con tempo para a festa nas Palmeiras e para a reivindicación dos dereitos sociais con esta manifestación. Así, lembraron que "ningunha conquista é para sempre e estamos a vivir, preto de nós, o rexurdir de discursos de odio que buscan o retroceso e a perda de dereitos, o borrado e o silencio".
"Cómpre, máis ca nunca, estarmos alerta, facernos visibles e non dar, diante dos discursos extremistas, nin un paso atrás", reivindicaron no discurso final da manifestación, confirmando que este ano, en colaboración coa asociación Avante LGBT+, o Concello decidiu cargar politicamente estes actos e unha ampla representación municipal, co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, á cabeza, confirmou a implicación do Goberno local.
A loita polos dereitos do colectivo LGTBIQA+ foi e está a ser "un camiño longo e cheo de atrancos", lembraron os manifestantes, que sinalaron que, durante a loita, se perderon e truncaron vidas para que hoxe se poida ser e amar en liberdade.
Contra o odio, propoñen orgullo e memoria e reivindicar ás persoas que precederon na loita polos dereitos e na visibilidade como a profesora María del Carmen del Valle, nacida en Cádiz no 1915, máis coñecida como “A señorita Carmiña" en Cerponzóns, que foi homenaxeada o venres.
Pediron os manifestantes que nas aulas se estuden tamén a historia da disidencia, das Elisa e Marcela, da señorita Carmiña, da Teresita, do Manolo de Carral e de tantas persoas que saíron da norma e mostraron que outro xeito era posible. "Merecemos contextos, saber de onde viñemos, para saber para onde avanzamos", pediron.
No eido político, lamentaron que a ultradereita está a gañar forza en Europa e no mundo, e con ela, "os discursos e políticas que ameazan os nosos dereitos" e non se esqueceron de Palestina. "Non podemos permitir que o estado ilexítimo de Israel tente apropiarse da nosa loita para lavar a cara".
Para rematar, fixeron facer fincapé en que a loita polos dereitos LGBTIQA+ está intrinsicamente ligada a outras loitas sociais e políticas como o antirracismo, o anticapacitismo e o feminismo.
Pontevedra pide 'avanzar en dereitos'
Co lema 'Avancemos en dereitos', unha manifestación percorreu este sábado as rúas de Pontevedra dentro da programación do Día do Orgullo LGBTIQA+. En colaboración coa asociación Avante LGBT+, o Concello decidiu "cargar politicamente estes actos"
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A festa do Orgullo enche de cor o parque das Palmeiras
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra homenaxea á 'Señorita Carmiña': "O diferente non é malo, só é diferente, pero á súa vez igual"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, unha cidade 'orgullosa'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Nace 'A Orghullosa', a festa das identidades diversas e disidentes
Por Oskar Viéitez |