A Xunta elixe Pontevedra para anunciar que as familias poden empregar a Tarxeta Benvida desde a semana 21 de embarazo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As familias poden empregar a Tarxeta Benvida para mercar os produtos básicos tras o nacemento dun bebé desde a semana 21 de embarazo. Así o anunciou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante a súa visita á tenda de puericultura Míster Baby, en Pontevedra.
Trátase dunha das novidades incluídas este ano polo goberno galego nun programa que conta con oito anos de traxectoria e que "segue mellorando para atender as necesidades das familias".
Neste sentido, sinalou que "a Xunta é consciente de que nos meses previos ao nacemento as familias teñen que facer un importante desembolso para mercar carriños, berces ou roupa, polo que se facía necesario que xa puideran contar con este apoio económico durante o embarazo".
O incremento de crédito dispoñible aprobado ascende ata os 35,5 millóns de euros para atender a todas as familias que reúnen os requisitos.
Desde a súa creación en 2016, máis de 100.000 familias galegas teñen desfrutado desta tarxeta. Trátase dun apoio económico de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do neno, que se pode incrementar no caso de familias numerosas ou que vivan no rural.